Non vou falar de máis familia que a da palabra Deputación que fai, si, 200 anos en canto a institución provincial excelentísima. É palabra moi vella, unha das moitas que se constrúen sobre o verbo latino “pŭtare” que significaba “pensar, considerar, contar, calcular, limpar, podar”. Así, coa preposición “de” mais a raíz, sairía a palabra “deputado” sería aquel encargado de facer estas cousas coa xestión pública, e “deputación” o encargo de facela, e logo a institución provincial. Próxima está a palabra “disputación” -vella forma de disputa-, e o verbo disputar, que empeza co prefixo dis- separado, afastado- e que significa, como saben examinar ou discutir o que se pensa, considera, etc. O malo da familia é “imputar” -con ese in, de apoñer algo negativo ao que se pensa sobre alguén. E o bo, é o “reputar” e “reputación”, que con ese “re” de volver sobre algo fai unha consideración positiva do que se considera ou pensa sobre algo. En todas as familias hai de todo.
Buscar
10/jun./22 - 05:30
Compartir
Más en Cultura
CONCIERTO DEL DÚO BRITÁNICO
Más de 40.000 personas vibraron en O Son do Camiño con Pet Shop Boys
Festival
Guía del festival O Son do Camiño 2024: artistas, horarios, cómo llegar y dónde aparcar
Patrocinado
25/may./24 17:15
MÚSICA
Vetusta Morla hace un alto en su trayectoria: "Si todo va bien volveremos en 2026"
Agencias
25/abr./24 18:50