Parada de Sil adianta a festa do Día das Letras

La fachada del Concello de Parada de Sil, en fotografía de archivo.
photo_camera La fachada del Concello de Parada de Sil, en fotografía de archivo.
A neumóloga Lucía Ferreiro é a homenaxeada este ano polo Concello de Parada de Sil

O Concello de Parada de Sil prepárase para celebrar o Día das Letras Galegas. A data sinalada será o vindeiro sábado 11. Esta xa se converteu nunha tradición que vén mantendo desde 2008, adaptándose á conveniencia de autoridades e veciños, independentemente da data oficial do 17 de maio.

O alcalde Aquilino Domínguez destaca que esta celebración, ademáis de conmemorar o Día das Letras, ten o propósito de render homenaxe a unha figura destacada relacionada co municipio ou coa literatura, destacando así os logros alcanzados desde unha contorna rural como Parada de Sil.

Este ano, a homenaxeada será a neumóloga Lucía Ferreiro, oriunda de Sacardebois. Ferreiro, formada nos colexios ourensáns de Concepción Arenal e Carmelitas, realizou os seus estudos de medicina na Universidade de Santiago de Compostela e ampliou a súa formación en Estados Unidos. O seu regreso a Compostela marcou o inicio da súa carreira, fundando unha unidade de Pleura e participando en proxectos de investigación a nivel nacional e internacional.

O evento iniciará ás 11,30 horas coa participación da coral Aqua Música, seguido da proxección dun vídeo en homenaxe a Ferreiro, leranse poemas de Luísa Villalta e colocarase unha placa na casa da homenaxeada en Sacardebois, concluíndo cunha invitación a petiscos e viño galego en Parada de Sil. 

Premio microrrelatos

Ademais, farase a entrega de premios do concurso de microrrelatos, no que participaron máis de 900 persoas. Trini Pestaña de Martos, de Jaén, gañou esta duodécima edición do concurso de microrrelatos de Parada de Sil co relato “Por la gracia de un besugo”, levando o premio de 1.000 euros. O segundo premio en galego foi para Esteban de Cabo de O Carballiño e o terceiro foi para Raúl Garcés de Zaragoza. Co certame xa establecido e de cara á vindeira edición, o alcalde Aquilino Domínguez felicita aos gañadores e agradece a altísima participación. A xornada culminará ás 19,00 horas co certame de Corais Ribeira Sacra na igrexa de Parada de Sil.

Te puede interesar