Opinión

Seguiremos pagando peaxes

Portugal suprimirá as peaxes nas autoestradas SCUT (autovías) que conectan con España e que aplicaba dende 2011 pola aguda crise económica que sufría o país. A medida, que será de aplicación a partir de 2025, foi posible cos votos do Partido Socialista e da formación ultradereitista Cheda. A boa noticia do lado portugués, que afectará a moitos milleiros de nosos veciños, non se verá correspondida do lado español, a pesar da permanente reclamación contra as tarifas da AP-9, así como entre Ourense e Santiago (en realidade entre Silleda e a capital galega, que é o tramo que corresponde á AP-53). Este último está fixado en 6,70 euros, que serían 13,40 no suposto de que se efectúe o traxecto de ida e volta. Si a viaxe fose de Ourense (ou de Silleda) ata A Coruña e retorno -ou viceversa, claro-, a peaxe increméntase sustancialmente, ascendendo a 29,6 euros, de xeito que dependendo do tipo de vehículo utilizado, pode superar o custo do combustible consumido, diferencia que xa sería abrumadora no caso dun desprazamento de ida e volta entre Silleda e A Coruña, pois o resto ata Ourense é autovía libre de peaxe.

Podería haber redución si se cumplira o pacto asinado no seu día polo BNG co Goberno a cambio do apoio parlamentario do nacionalista Néstor Rego ós orzamentos do Estado, pero o desestimento do Executivo da elaboración dos mesmos no presente ano converte o trato en papel mollado.

De todos os xeitos, a eventual rebaixa de tarifas ten mal encaixe nas autoestradas galegas, pois a postura do Gobierno socialista español é a contraria dos socialistas portugueses, non so descartando o abaratamento de tarifas, senón abogando algún tipo de peaxe nas autovías -históricamente gratuitas- para financiar o seu mantemento. Así o sostiña Isabel Pardo de Vera, ex secretaria de Estado de Transportes, en círculos privados, e o defende agora en público o ministro Puente, titular das transferencias que antes tivera a enxeñeira luguesa, por entender máis xusto que ese diñeiro o aporten os usuarios.

Para o ministro, supón un agravio que transportistas e automovilistas europeos paguen peaxes en todos os países agás en España, onde o Estado asume os custes desas infraestruturas. Esta teoría, razoable, pódese retrucar, pois a circulación gratuita abre o paso aos automovilistas con menos recursos, que cos peaxes poderían quedar abocados a circular por estradas de segundo ou terceiro nivel. En todo caso, parece que o exemplo luso quédanos lonxe.

Te puede interesar