Preto de sesenta persoas do Clube Peña Trevinca e da Asociación Inventiva de Vigo adicada as altas capacidades visitaron o Centro de Interpretación da Lagoa de Antela e o patrimonio xeolóxico, etnográfico e ornitolóxico das Areeiras de Sandiás.
A visita guiada levouna a cabo Alex De los Ríos, guía histórico e didáctico, e Pepe Gándara, concelleiro de Cultura e Patrimonio, as Areeiras de Sandiás.
Pasouse revista na primera parte da visita a xeografía física e humana de lagoa, expoñendo os factores naturais que levaron á transformación da paisaxe e os factores antrópicos.
Toponimia
Despois de breves referencias ao folclkore, a etnografía e as economías perdidas da lagoa, tratáronse aspectos de xeografía cultural aplicados á Lagoa de Antela, facendo unha reflexión xeral sobre toponimia e pondo exemplos concretos de toponimia da zona.
Visitouse unha das areeiras en explotación e baixo a guía de Salvador Blanco, recibiron información precisa do sistema e proceso de explotación da areeira.